SanidadeÚltima hora

Pilar Feijóo despídese dos seus compañeiros do Hospital do Barco, onde traballou 17 anos como cociñeira

 

Con moita emoción despedíase neste 26 de setembro dos seus compañeiros no Hospital Público de Valdeorras Pilar Feijóo Losada. Era o seu último día de traballo como cociñeira neste centro hospitalario, no que levaba exercendo a súa profesión 17 anos. Antes, o pasado venres, recibía como agasallo un ramo de flores das persoas xunto ás que ten traballado ao longo deste tempo no Barco.

“Estiven moi contenta nestes anos no Barco, agora cámbiome pola distancia, porque eu son de Ourense, pero síntome moi agradecida polo apoio dos compañeiros que sempre me trataron con moita estimación, así como os directivos do hospital, sempre tiveron unha especial atención comigo”, explica Pilar.

 

 

Esta ourensá comezaba a traballar en COSAGA, onde unha compañeira, María, axudouna para que se formará no ciclo de restauración no IES Vilamarín, onde estudaba entre o 2001 e o 2003. Despois de traballar en hostalaría, incorporábase á residencia de Ourense e xa un 17 de marzo de 2007 ao Hospital do Barco como cociñera. Hoxe Pilar completaba esa etapa, xa que a partir de agora trasládase a Ourense.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button