Na noite so mércores 28 de agosto os veciños da Portela (Larouco-Petín) desfrutaron dunha animada festa a cargo da cantante galega Pili Pampín que actuaba na praza acompañada polo Trío La Noche.
Esta actuación formaba parte do programa das Festas A Rabiosa na honra a San Vitoiro organizadas pola asociación que comezaban o 26 agosto e incluíron actividades para os nenos, cea popular, campionato de tute, cultos e moita música.
Fotos e vídeo cedidos.