ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

Pili Pampín, nas ‘Xornadas de Convivencia Feminista’ de San Xoán de Río

Cedida.

 

O Concello de San Xoán de Río prepárase para a celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, centrando as actividades no día 11 de marzo, data na que chegará a esta localidade a coñecida cantante galega Pili Pampín para compartir unha xornada de convivencia coa veciñanza.

O programa para ese día comezará cun recibimento moi especial para a convidada coa participación de varias mulleres da localidade. Desenvolverán unha coreografía monotonía, D’Ariya, coreografía Pink Venomás 12:00 h. A continuación, ás 12:30 h.,Pili Pampín ofrecerá unha charla na que se abordarán detalles da súa vivencia en perspectiva feminina: como viviu de nova o feminismo, como foi o seu camiño profesional ata a actualidade, como chegaron os éxitos, cal é o seu punto de vista sobre a situación actual da muller…

 

 

“Unha charla que non pretende ser só unidireccional, senón que derivará cara un coloquio no que intervirá o público con preguntas e/ou contando as súas propias experiencias. Rematado este encontro previo coa convidada haberá un xantar no que se compartirá mesa con ela, xantar para o que cómpre anotarse previamente”, sinala o alcalde de Río, Xosé Miguel Pérez.

O Concello de San Xoán de Río pide inscribirse a través do teléfono 988 346002, do whatsapp 630156803, ou a través do correo electrónico concello@concellosanxoanderio.com . Despois da comida, sobre as 16:00 h. amenizará a sesión de tarde a disco móbil DJ Rafa, de Radio Monforte. “Música escollida para rematar a xornada como nos bailes de antes e como detalle haberá tamén unha pequena intervención da propia Pili Pampín que cantará algúns dos seus grandes éxitos”, conclúe o rexedor.

Artigos relacionados

Back to top button