CulturaCulturaÚltima hora

Pintura en Silencio, de Rosa María Vázquez, na Sala de Exposicións de Verín

Desde o 15 ata o 28 de xuño , a Sala de Exposicións de Verín acolle a mostra “Pintura en Silencio” de Rosa María Vázquez, exposición organizada por ADISVER (Asociación de Discapacitados de Verín).

Rosa Maria Vázquez Estévez naceu en Panamá o 19 de Abril de 1969 no seo dunha familia de emigrantes ourensáns. A pesar da súa discapacidade auditiva, curso, con honras, estudos de Pintura na Universidade de Panamá. As súas pinturas ten trazos dos seus artistas favoritos: Picasso, Frida Khalo, etc. Sempre toma como exemplo á muller e á natureza como creadoras de vida.

Sala de Exposicións de Verín. Horarios: luns a venres, 17:30 h a 20:30 h; sábados, 17:00 h a 20:30 h.

 

Cartel da Exposición.

Artigos relacionados

Back to top button