EconomíaEconomíaÚltima hora

Once persoas, no primeiro obradoiro temático de elaboración de coroas de Nadal de Verín

 

O ximnasio do Pavillón Municipal de Deportes de Verín acolleu o pasado domingo 17 de decembro a primeira edición do obradoiro temático de creación de coroas florais de Nadal. O mesmo estivo organizado polo Concello de Verín, en colaboración coas florerías locais da vila.

Esta iniciativa ten como obxectivo non só celebrar a temporada festiva, senón tamén fomentar a participación activa da comunidade na creación dos seus propios adornos de Nadal.

Neste obradoiro temático, os seus once participantes tiveron a oportunidade de mergullarse no espírito do Nadal mentres crearon adornos únicos e especiais. A colaboración coas florerías locais engadiu un toque auténtico e comunitario a esta experiencia, destacando a importancia de apoiar e promover o comercio local.

Colaboración coas florarías de Verín

Cada ano, este obradoiro correra a cargo dunha das florarías de Verín (sempre que queiran adherirse a esta iniciativa). Deste xeito, todos os negocios florais da vila iranse rotando; enriquecendo a calidade do taller e conseguindo unha participación equitativa de todos os comercios florais locais.

Fotos: Concello de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button