Tras doce meses de actividade, na mañá deste xoves 12 de decembro clausurábase no Centro Cultural Avenida da Rúa, o obradoiro de emprego dual LABORU IV, as especialidades formativas de albanelería, xardinería e forestal, no que se formaban unha vintena de alumnos dos concellos da Rúa, O Bolo e Larouco.
Dos vinte alumnos (seis para albanilería, sete para xardinería e sete para forestal), dez eran do concello da Rúa encargándose de tarefas como o acondicionamento dunha pequena praza na Rúa Vella e dos vestiarios do campo de fútbol; da renovación de baldosas no Aguillón; de traballos de xardinería e limpeza de zonas verdes… Catro eran de Larouco, encargados de desbroces, coidado das zonas comúns axardinadas e a ampliación do despacho da Traballadora Social dentro do Concello. E os outro catro do Bolo que levaron a cabo a limpeza e mantemento dos camiños nos 28 pobos do municipio, entre outros traballos.
Á clausura asistían os alcaldes dos tres concellos (María G. Albert da Rúa, Alberto Vázquez do Bolo e Patricia Lamela de Larouco), para entregar os diplomas acreditativos aos alumnos.