CulturaCulturaÚltima hora

Piquico converte os personaxes dos Entroidos de Galicia en mobles na exposición “Entroido. Mobiliario Vestido”, en Chantada

 

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata finais deste mes a exposición “Entroido. Mobiliario Vestido” do artista vianés Piquico, Ángel Manuel Rodríguez Romero. Trátase dunha exposición de esculturas dos Entroidos de Galicia, entre as que figuran algunhas do Entroido Ribeirao, na provincia de Lugo, e numerosos exemplos da tradición na provincia de Ourense.

Di o autor, Licenciado en Belas Artes na Universidade Complutense de Madrid e profesor de instituto, que “os personaxes do Entroido non se disfrazan, vístense”; e así Piquico, conxuga o atávico da festa e a modernidade xogando cos personaxes do Entroido, elementos típicos e simbólicos como a mula, o oso,… O resultado, esculturas vestidas de mobilirario, como mesas, armarios, botelleiros, cadeiras, espellos…

 

 

As obras son figurativas xeométricas, interesa a expresividade, a masa descuberta, a forma ou a anatomía. Con todo, o autor obtén pezas orgánicas que xogan co contraste da xeometría do mobiliario, con cores e texturas. Mobiliario vestido pretende mostrar a continuidade entre corpo, roupa e moble. Así descóbrese que esa lámpada de pé é un Volante de Chantada.

Piquico destaca os aspectos que complican a elaboración deste tipo de pezas como son a interpretación de cada un dos personaxes reais do Entroido, incluír a funcionalidade como mobiliario que son e o feito de que as “obras son desmontables para o seu traslado, e as dintintas pezas son moi delicadas”.

A exposición contitúe unha homenaxe ao traballo con madeira para reflexar raíces, tradición e crenzas.

Artigos relacionados

Back to top button