En portadaÚltima hora

O Pizarras Los Tres Cuñados F.S. protagonista no número de novembro de O Sil Deportivo

Ademais de fútbol sala, esta edición inclúe información doutros deportes como baloncesto, atletismo ou karate
Portada do número de novembro de O Sil Deportivo.

Dende as súas orixes no seo da empresa competindo na liga local de fútbol sala, ata a actualidade inmerso na sexta tempada consecutiva na segunda división B nacional. Ao Pizarras Los Tres Cuñados F.S. adica o tema de portada o número de novembro de O Sil Deportivo que xa está á venda en quioscos e librarías.

Ao longo de varias páxinas con póster incluído, facemos un percorrido pola traxectoria do club que conta actualmente coa xestión das Escolas Deportivas de Fútbol Sala do Barco e tres equipos en competición: sénior na 2ª B, xuvenil na liga galega e moi pronto alevín A na liga provincial.

Ademais do fúbtol sala, nesta edición de O Sil Deportivo, incluímos información sobre diferentes deportes como fútbol, baloncesto, piragüismo, tenis karate ou atletismo, entre outros moitos.

Artigos relacionados

Back to top button