A RúaConcellosÚltima hora

Plan de mesas para a Festa do Codillo da Rúa

O xantar será mañá a partir das 14:30 horas no pavillón municipal

Festa do Codillo o ano pasado.

 

Igual que O Barco e tamén A Rúa en edicións anteriores, para que cada quen sepa onde ten que sentarse, o Concello vén de facer público o plan de mesas para o xantar da XV Festa do Codillo que se celebrará mañá, sábado 27 de xaneiro a partir das 14:30 horas.

Con respecto ao menú, o tradicional (consomé con picatostes, codillo acompañado de grelos, chourizos e cachelos, bica, bebidas, café e licores) incorpora este ano sorbete de limón ao cava de Almendralejo e La Torta. Como edicións anteriores irá acompañado dunha “táboa musical de repetición que pretendemos que combine cos pratos ao tempo que saen os camareiros”, en palabras do concelleiro José Vicente Solarat.

 

Artigos relacionados

Back to top button