DeportesFútbol salaÚltima hora

Pleno de vitorias para o Vianariño FS

 

Equipo feminino do Vianariño FS.

 

Moi contentos están no Vianariño FS tralos resultados colleitados na xornada do sábado 16 de decembro, con pleno de vitorias para os seus equipos.

O xuvenil vencía con contundencia 1-7 ao Coles FS mentres que o feminino facía o propio, tamén a domicilio, fronte ao Coles ao que superaba 1-2, logrando a súa primeira vitoria.

 

Vianariño FS sénior.

 

No que respecta ao equipo sénior que compite en Preferente Galicia, xogaba en casa (no pavillón municipal de Viana do Bolo) logrando un meritorio 9-4 ante Gondomar FS. Aínda que eran os visitantes os que se adiantaban no marcador cun temperán gol no minuto 1, os de Xocas Miranda reaccionaban rápido logrando darlle a volta ao marcador. Os goles  locais foron de Jonathan Macía en dúas ocasións, Manuel Rodríguez, Borja Monteagudo (2), Alejandro García, Ígor Macía (2) e Jairo Álvarez.

O seguinte partido xgarano o sábado 23 de decembro no pavillón de Viana.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button