OurenseÚltima hora

Pleno extraordinario de organización da Deputación de Ourense

Entre os asistentes a esta primeira sesión estaban os deputados José M. Pérez (alcalde de Río), Mª Carmen González Quintela (alcaldesa de Carballeda de Valdeorras) e Aurentino Alonso (concelleiro de Deportes do Barco)

 

A corporación provincial de Ourense celebrou esta mañá unha sesión extraordinaria, a primeira logo do pleno de constitución do pasado 17 de xullo, para aprobar as propostas correspondentes á periodicidade e datas dos plenos e órganos colexiados, ademais das súas competencias, representacións noutras institucións e entidades, o réxime retributivo das deputadas e deputados e maila relación de persoal eventual para o mandato recen iniciado.

Entre os asistentes a esta primeira sesión estaban Luís Menor Pérez (Presidente Deputación); Rosendo Fernández (Vicepresidente 1º); Cesar Fernández Gil (Vicepresidente 2º); Placido Álvarez Dobaño (Vicepresidente 3º); Jorge Pumar Tesouro (Deputado PPOU); José Miguel Pérez Blecua (Deputado PPOU e alcalde de San Xoán de Río); Marta Nóvoa Iglesia (Deputada PPOU); Manuel Seoane Rodríguez (Deputado PPOU); Patricia Torres Madureira (Deputado PPOU); María del Carmen González Quintela (Deputada PPOU e alcaldesa de Carballeda de Valdeorras); José María Lago Cabo (Deputado PPOU); María Teresa Barge Bello (Deputada PPOU); Elvira Lama Fernández (Deputado PSOE); Diego Fernández Nogueira (Deputado PSOE); Susana Rodríguez Estévez (Deputado PSOE); Marina Vaz Quintillán (Deputada PSOE); Álvaro Vila Araujo (Deputado PSOE); Aurentino Alonso Araujo (Deputado PSOE e concelleiro de Deportes do Barco de Valdeorras); Armando Ojea Bouzo (Deputado DO); Gonzalo Pérez Jácome (Deputado DO e alcalde de Ourense); Rafael Martínez Cachafeiro (Deputado DO); Bernardo Varela López (Deputado BNG), Xosé Manuel Puga González (Deputado BNG), María José Mangana Guede (Deputada BNG), Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense) e Juan Marquina (Secretario Deputación Ourense).

 

O presidente da Deputación, Luis Menor, dirixindo a sesión plenaria.

 

Con respecto á celebración dos plenos, as sesións ordinarias terán periodicidade mensual, celebrándose o último venres de cada mes a partir das 10.00 horas. No caso de coincidir en festivo ou de non celebrarse por calquera outra causa, a convocatoria pasaría ao luns seguinte ou o primeiro día hábil posterior.

O Pleno poderá modificar a data das sesións ordinarias tralo informe da Xunta de Portavoces, mentres que a Presidencia poderá suspender a convocatoria e celebración do pleno ordinario de agosto debido ao período de vacacións, sen prexuízo da convocatoria de sesións extraordinarias segundo establece a lei.

 

 

No mandato 2023-2027, a Deputación de Ourense terá as seguintes comisión informativas:

  • Administración provincial, Transparencia e Emerxencias
  • Especial de Contas, Facenda e Recursos Humanos
  • Cooperación, Infraestruturas e Medio Rural
  • Políticas Sociais
  • Turismo,Termalismo e Medio Ambiente
  • Cultura, Educación, Deportes e Mocidade

Cada comisión estará integrada por catorce membros, distribuídos do seguinte modo: 6 representantes do PP; 4 do PSOE; 2 do BNG; e outros 2 de Democracia Ourensana. O presidente nato de todas elas será o presidente da Deputación, que poderá delegar esta representación. De ser así, nomearase outro representante do grupo popular. Cada grupo político designará aos seus membros en cada comisión.

 

Artigos relacionados

Back to top button