ConcellosO BarcoÚltima hora

Pleno mañá no Barco para pedir a declaración de zona catastrófica polo incendio

Paisaxe do Barco afectada polo incendio forestal./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O alcalde do Barco, Alfredo García, vén de convocar para mañá 20 de xullo unha sesión plenaria extraordinaria para solicitar a declaración de “zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil” para esta polo grave incendio que se está a sufrir dende o pasado domingo.

O acordo que se someterá á aprobación da Corporación barquense o que vén a pedir é o apoio de todas as administracións públicas competentes para que poñan en marcha axudas que permitan paliar os efectos deste desastre.

Artigos relacionados

Back to top button