AletismoDeportesÚltima hora

Podios valdeorreses na xornada do Circuíto Galego de Marcha Atlética celebrada na Estrada

 

Cunha ampla representación valdeorresa e grandes resultados se desenvolvía a xornada do Circuíto Galego de Marcha Atlética 2026 celebrada o sábado 7 de marzo na Estrada (Pontevedra).

O mellor resultado era para Mateo Valcarce que subía ao alto do podio en 5000 m Sub18 e tamén en absoluto logrando ademais a Mellor Marca Persoal. Martina Lozano subía ao segundo chanzo en 1000 m Sub10 logrando tamén a MMP; e Irina Sánchez ao terceiro chanzo en 2000 m Sub14 tamén con MMP.

 

 

Do Club Adas Cupa tamén competían Paula Cela (Sub18) que lograba MMP; Lúa González, Martina García, Martina Rodríguez e Saray larralde (Sub14); Dylan Castillo, Dani Bermúdez, Paula Romero e Antía Guntiñas (Sub12); e Ines Cela (Sub10).

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button