CulturaCulturaÚltima horaVídeos

Poemas de Valdeorras, Pontevedra, Ourense, Perú e Portugal, na I xornada do 36º Encontro de Poetas, na Rúa

 

No Centro Cultural Avenida comezaba na tarde deste venres 5 de xullo a XXXVI edición do Encontro de Poetas organizado polo Instituto de Estudos Valdeorreses coa colaboración do Concello da Rúa.

 

 

A xuntanza, coordinada pola presidenta da sección de Poesía do IEV, María Carmen Gago e Emilio Vega o comezaba en torno ás 20:30h. coa homenaxe a Antonio González Guerrero, un “gran poeta e sobre todo gran amigo que perdimos hai xa 20 anos pero que segue estando na nosa cabeza e no noso corazón que estivo nestes encontros en numerosas ocasións, participando activamente, á quen é moi grato lembrar”, dixo Gago Florenti antes de que Emilio Vega lera algún dos seus poemas.

 

 

De seguido comezaba o recital propiamente no que se botaron de menos os versos de Emma Fernández que tradicionalmente abría o acto e outros poetas que enviaron os seus versos para que os leran María Carmen e Emilio. Hoxe o apartado musical corría por conta de José Luengo de Bembibre.

O encontro continuará mañá coa segunda xornada de recitais no que participarán un total de 25 poetas de diferentes partes de Galicia, León e incluso Arxentina.

 

 

Fotos e vídeo: O SIL.

Artigos relacionados

Back to top button