CulturaCulturaÚltima hora

Poesía galega da man de Lucía Álvarez polo día mundial para a eliminación da violencia contra as mulleres

 

No marco da celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres, a actriz Lucía Álvarez realizará recitais de poesía en terras galegas. Un deles está previsto para o 24 de novembro ás 21h. no patio de columnas do Liceo de Ourense. Será un recital de poesía galega no que Álvarez estará acompañada á guitarra por José Luis Troitiña.

Ao día seguinte, esta actriz natural de Mouruás (San Xoán de Río),  ofrecerá ese mesmo recital, tamén xunto a Troitiña, no Círculo do Saviñao (Lugo) ás 20h.

 

Artigos relacionados

Back to top button