Deporte, natureza, pero tamén algo de historia, tradición e mesmo de maxia. Neste verán regresan a Trives os chamados “Sendeiros Nocturnos Teatralizados”, unha singular e exitosa proposta promovida dende o Concello de A Pobra de Trives e que se inclúe no programa de actividades lúdico-deportivas do municipio.
O primeiro deles está programado para o próximo 21 de xullo. Será, tal e como se adianta dende a organización, “unha ruta máxica polos Sequeiros, onde os sendeiristas disfrutarán dunha pequena camiñata circular duns 3 quilómetros, nos que varias escenas se sucederán en todo o percorrido mentres a noite vai caendo”.
O punto de partida deste traxecto será a Pena Folenche ás 21h., onde un guía acompañará ao grupo durante todo o paseo. Para participar nesta actividade a organización recomenda “levar roupa e calzado cómodo, e por suposto que cada participante leve lanterna ou frontal”
A prazas son limitadas e as persoas interesadas en anotarse poderán realizar a súa inscrición na Oficina de Turismo de A Pobra de Trives (988 33 09 67).