En portadaÚltima hora

Polas rutas dos fuxidos, nas montañas de Trevinca

Publicidade
Trevihost organizará na fin de semana do 21 ao 23 de setembro un percorrido polas paisaxes dos escapados durante a guerra civil nesta zona e polas minas de volframio de Vilanova

 

Tamén se fará un percorrido polas minas de volframio de Vilanova (A Veiga)./ Foto: Carlos G Hervella.

O monte foi a vía de escape para moitas persoas durante a guerra civil e a posguerra e nas serras de Trevinca produciuse unha concentración destes fuxidos. Polas paisaxes dos escapados e da guerrilla transita a proposta que prepara de cara á fin de semana do 21 ao 23 de setembro a Asociación de Hostalaría e Turismo de Trevinca (Trevihost).

A ruta propiamente dita está prevista para o sábado 22 de setembro, con saída ás 9:30h. dende a casa rural O Trisquel en Vilanova (A Veiga) ata o Pico Maluro. No seu decurso “veranse as trincheiras dos maquis e descenderase pora ruta de montaña PR-G 199.1 pasando polas Minas de Volframio. Haberá paradas explicativas sobre os campamentos maquis, coñecidos como “Cidade da Selva”, e sobre as Minas de Volframio e o seu funcionamento”, segundo a organización.

Na xornada do domingo o punto de encontro será o Centro do ZEC Pena Trevinca, de A Ponte. Aquí farase unha breve visita e explicación sobre o Centro e o Volframio, e a continuación realizarase unha salida polo val glaciar do Xares ata o “Pontón das Olgas”.

Esta será unha actividade organizada por Trevihost e guiada por Segatur e cuxas inscricións serán xestionadas dende Celtia Travel.

Máis información e reservas:
https://www.celtiatravel.com/evento/senderos-historia-las-montanas-trevinca/

Artigos relacionados

Back to top button