A pé, a cabalo ou en bicicleta. Son as tres modalidades nas que se poden percorrer as diferentes rutas xacobeas entre as que está o Camiño de Inverno que atravesa Valdeorras e, aínda que os peregrinos van pasando pola comarca durante todo o ano, é coa chegada do bo tempo cando se ve un tráfico máis fluído.

É o caso dun grupo de catro ciclistas de Santiago que na mañá deste sábado 11 de xuño comezaba a ruta desde Ponferrada, en BTT. Nestas imaxes podemos velos pasando pola localidade de Sobradelo e tamén pola ponte de Éntoma, xa no concello do Barco, rumbo a Vilamartín de Valdeorras.
Fotos: Carlos G. Hervella.