ConcellosÚltima hora

Ponse en marcha unha campaña para previr accidentes de tractor na provincia

Actualmente Ourense posúe 49.000 tractores, cunha antigüidade media de 28,7 anos
Autoridades participantes no acto de presentación campaña.
Autoridades participantes no acto de presentación campaña.

Sensibilizar sobre sinistralidade laboral ou en estrada do tractor na provincia de Ourense. Ese é o obxectivo da campaña de prevención, promovida pola Subdelegación do Goberno en Ourense e pola Xunta, que se presentaba na mañá do 19 de xuño na cidade das Burgas. Esta campaña informativa e formativa comezaba o pasado 9 de xuño (día da súa presentación na Coruña) e esténdese ao longo de xuño de 2015 por ser un mes onde se interfire menos nas actividades agrarias pero onde é xa habitual a circulación destes vehículos. A ITV, seguro, tenza de permiso de conducir en vigor e o despregamento en todo caso dos arcos de seguridade se o tractor os leva instalados son aspectos clave a mellorar dende o punto de vista de Tráfico.

A presentación da campaña contaba coa presenza de David Llorente, xefe provincial de Tráfico; Juan Carlos Nogueiras, alférez-xefe do Destacamento de Tráfico de Verín; Fernando González, subdirector aeral do ISSGA, e de Tomás Paz, xefe territorial da Consellería de Industria en Ourense.

O subdelegado do Goberno destacaba na presentación os riscos que, para os condutores de tractor, representa o desprazamento destes vehículos polos camiños rurais e fincas, con importantes desniveis. Asemade, aproveitaba para facer unha chamada á prudencia, no manexo de tractores.

O subdelegado do Goberno en Ourense, nun dos momentos da presentación.
O subdelegado do Goberno en Ourense, nun dos momentos da presentación.

Ourense posúe 49.000 tractores, cunha antigüidade media de 28,7 anos, dos 403.000 que o Rexistro de vehículos da DXT ten contabilizados en Galicia; a comunidade de España co maior número absoluto deste tipo de vehículos. “Son precisamente os tractores máis antigos os que pola súa data de matriculación carecen de estrutura de auto-protección (cabina equipada con cinto de seguridade) e de arcos de seguridade, o que provoca lesións moi graves ou a morte ao condutor/a atrapado/a en caso de xiro do vehículo. A altura do centro de gravidade, os desniveis no terreo – gabias, fochas – e o deficiente estado de conservación e mantemento destes vehículos provocan numerosos xiros de tractores todos os anos”, segundo se informa dende a Subdelegación.

Artigos relacionados

Back to top button