PolíticaÚltima hora

Pontón opta a liderar a lista do BNG nas autonómicas

A formación ten aberto un proceso de elección entre a militancia que concluirá coa designación do seu cabeza de lista o 30 de abril
Ana Pontón, tras anunciar a súa candidatura para liderar o BNG nas autonómicas.
Ana Pontón, tras anunciar a súa candidatura para liderar o BNG nas autonómicas.

“Asumo o reto de encabezar unha candidatura que quere acabar co espolio de Feijóo e defende o rescate social desde unha alternativa de país”. Deste xeito se manifestaba Ana Pontón o 18 de abril ao anunciar que se presentará ao proceso para ser candidata polo BNG á presidencia da Xunta de Galicia de cara ás vindeiras eleccións autonómicas. O BNG ten aberto un proceso de elección entre a militancia que concluirá coa designación do cabeza de cartel o vindeiro 30 de abril.

Ana Pontón, no acto no que anunciaba a súa candidatura.
Ana Pontón, no acto no que anunciaba a súa candidatura.

Logo de  agradecer os numerosos apoios públicos e privados de militantes e simpatizantes, a portavoz nacional aseguraba que dá este paso co convencemento de que o proxecto do BNG “é un proxecto de futuro para o país, unha alternativa ao espolio, recortes e precariedade dun Feijóo que representa o pasado e que traizoou a confianza que moitos galegos e galegas lle concederon, un presidente que nos deixa un país con máis paro, máis empobrecido e desigual”.

Asemade, Pontón incidía no feito de que a súa candidatura poda contribuír “a romper colectivamente teitos de cristal”, e situar no centro da acción política a defensa da igualdade entre homes e mulleres para camiñar cara unha sociedade máis xusta.

Artigos relacionados

Back to top button