CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Por un pavillón para o CEIP Julio Gurriarán do Barco

Os alumnos de Primaria do centro entregan ao Reis Magos unha carta pedindo a instalación deportiva

Queridos Reis Magos! Así comeza a carta que na mañá do 21 de decembro os alumnos do CEIP Julio Gurriarán do Barco de Valdeorras entregaban ás Súas Maxestades, un novo acto reivindicativo co que a comunidade educativa reclama o pavillón prometido.

“Dende hai moitos anos os nosos pais, nais e profesores veñen pedindo o mesmo e ata agora non teñen obtido resposta positiva. Xa fixemos manifestacións, cantamos, berramos e saímos moitas veces nos xornais, pero os señores que mandan aínda non nos fixeron caso e cando vén a choiva e o inverno, que aquí é moi longo, temos que saír ao patio a facer ximnasia”. Así reza o escrito co que fan a petición aos Reis Magos “porque os nenos e nenas cremos na vosa maxia e estamos seguros de que faredes todo o que poidades para que este ano o novo pavillón sexa unha realidade por fin”.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button