CulturaCulturaÚltima hora

Portomarín-Palas de Rei, nova etapa completada polo peregrino valdeorrés

 

Un total de 25 quilómetros son os que separan Portomarín e Palas de Rei, na provincia de Lugo, e os que na xornada deste mércores 13 de outubro percorría o peregrino valdeorrés que está facendo o Camiño Francés neste Ano Santo 2021.

 

 

Un percorrido plagado de monumentos e edificacións relixiosas (cruceiros, igrexas,…) encravados en fermosas paraxes nas que non faltan os animais e que o peregrino retrata nesta galería de imaxes.

 

 

 

Tal como el mesmo indica, a peregrinaxe é numerosa e o ambiente segue sendo magnífico, así como o tempo, entablando conversas con outros peregrinos chegados dende diferentes partes do mundo como Arxentina.

 

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button