EconomíaEconomíaÚltima horaVídeosViticultura

Posta en valor dos produtos valdeorreses nun showcooking coa cociñeira barquense Noelia Fernández

Estaba maridado con viños da D.O. Valdeorras, da man do seu director técnico, Jorge Mazaira

 

Máis de trinta persoas participaban nesta tarde nun showcooking que se celebraba no marco da Feira de Produtos Artesanais do Eixo Atlántico do Barco e que estaba dirixido pola barquense Noelia Fernández Rey, cociñeira xefe do Restaurante La Tasquería de Madrid, que conta cunha estrela Michelín.

 

 

Nesta maridaxe explicábase a elaboración de catro prato, que despois se degustaban xunto a viños brancos e tintos valdeorreses, nunha maridaxe guiada polo director técnico do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, Jorge Mazaira. Os pratos eran salpicón de mexillóns con rabo de porco, minibrioche de zorza con xema de ovo e unha crema de queixo San Simón e ravioli de cocido con androlla, ademais dunha torrexa de bica cunha crema de castañas con licor café.

 

 

“Queremos amosar que cos produtos que temos en Valdeorras e arredores pódese comer dunha maneira diferente á que estamos acostumados”, dicía Noelia Fernández, que estaba acompañada neste showcooking por Ana.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button