ConcellosÚltima horaVerín

Postos temáticos, animación musical e actividades infantís na Feira de Nadal de Verín

Celebrarase na Praza García Barbón de Verín entre os días 4 e 8 de decembro, en horario de 12 a 22:00 horas.

Presentación do programa da mostra./ Foto: Concello de Verín.

 

Un total de vinte postos temáticos de artesanía e alimentación, animación musical diaria e actividades para os máis pequenos da casa. Así será a programación da próxima feira de Nadal organizada polo Concello de Verín entre os días 4 e 8 de decembro na Praza García Barbón. Este programa presentábase esta mañá no Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín polo concelleiro de Transportes, Feiras e Hostalería, Manuel Lorenzo Feijóo e pola concelleira de Educación, Cultura e Festexos, Emilia Somoza Basalo.

Segundo destacou Manuel Feijóo, “instalaranse na feira un total de vinte postos temáticos que contarán cunha completa e variada oferta de produtos de artesanía e alimentación, sen esquecernos tampouco do xénero máis típico de nadal como son os agasallos artesáns, a decoración variada ou as típicas figuras para a árbore”.

Unha das novidades desta mostra será a animación musical diaria. “Para esta edición preparamos unha selección musical moi especial, e fixémolo contando co talento dos nosos propios veciños e veciñas”, explicou Emilia Somoza. Para iso instalarase un pequeno escenario no centro da Praza García Barbón no que os asistentes poderán desfrutar coas actuacións de Vitoria Pérez & David Rodríguez, Nerea Xusto, Coral de Verín, Cuarteto Nova Era, Conservatorio de Musica de Verín e da actuación de Todo Fitness.

Tamén haberá un espazo dedicado aos máis pequenos da casa que recibirán a visita de dúas das figuras máis tradicionais do Nadal, como son o Apalpador e Papa Noel. Tamén, desde o luns 6 ao mércores 8 decembro, haberá un servizo de ludoteca infantil no que os nenos e nenas poderán gozar de divertidas actividades lúdicas.

Programación

SÁBADO 4 DE DECEMBRO
12:00 Apertura da feira
17.30 Vista do Papá Noel
18.30 Concerto Victoria Pérez & David Rodríguez
22:00 Peche da feira

DOMINGO 5 DE DECEMBRO
12:00 Apertura da feira
17.30 Visita do Apalpador
18.30 Concerto de Nerea Justo
22:00 Peche da feira

LUNS 6 DE DECEMBRO
12:00 Apertura da feira
19.00 Concerto Cuarteto Nova Era
22:00 Peche da feira

Ludoteca infantil 12:00 a 14:00h | 16:00 a 20:00h

MARTES 7 DE DECEMBRO
12:00 Apertura da feira
18.30 Concerto Coral de Verín
22:00 Peche da feira

Ludoteca infantil 12:00 a 14:00h | 16:00 a 20:00h

MÉRCORES 8 DE DECEMBRO
12:00 Apertura da feira
17:30 Actuación Todo Fittness
18.30 Concerto Conservatorio
22:00 Peche da feira

Ludoteca infantil 12:00 a 14:00h | 16:00 a 20:00h

Artigos relacionados

Back to top button