OurenseÚltima hora

A praza de abastos de Ourense únese á campaña ‘Quere o teu mercado’

Busca poñer en valor a súa calidade e profesionalidade a través de actividades dinamizadoras
Un momento da presentación das actividades de 'Quere o teu mercado', na plaza de abastos de Ourense.
Un momento da presentación das actividades de ‘Quere o teu mercado’, na praza de abastos de Ourense.

A praza de abastos Nº1 de Ourense súmase á campaña impulsada pola Xunta ‘Quere o teu mercado’, que busca poñer en valor a calidade e profesionalidade destas instalacións a través dunha concreta programación que inclúe actividades dinamizadoras durante todo o mes de maio.

A presentación destas actividades levouse a cabo este xoves, 12 de maio, da man da directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, e a directora xeral de Ganaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo. Tamén estiveron presentes o alcalde da cidade de Ourense, Jesús Vázquez, e o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, entre outros.

As actividades de promoción prolongaranse ata finais de maio.
As actividades de promoción prolongaranse ata finais de maio.

A campaña ‘Quere o teu mercado’ está impulsada pola Xunta pero procede dunha estratexia internacional que naceu en Reino Unido (‘Love your market’) co gallo de celebrar o 28 de maio o Día do Mercado. Celébrase en 17 países de Europa, América e Asia.

Deste xeito, a plaza de abastos ourensá súmase a esta iniciativa, xunto con outras prazas de abastos de municipios da provincia, como Celanova, O Barco, O Carballiño, Ribadavia ou Xinzo.

Nestas instalacións están programadas diferentes actuacións musicais, actividades para os máis cativos ou degustacións que buscan promocionar os productos do mercado e de proximidade. Ademais, o día 25 de maio celébrase o día da Defensa do sector lácteo galego.

Artigos relacionados

Back to top button