Os Magos do Ribeiro, o dúo formado por Albert e Deimi, encheron de maxia esta mañá, 16 de maio, a Praza de Abastos Nº1 de Ourense cun espectáculo que deu comezo á campaña de promoción ‘Quere o teu mercado’. Durante hoxe e até finais de mes, a praza ourensá acollerá unha serie de actividades para promocionar os seus servizos e a calidade dos productos.
O espectáculo ía dirixido a un público familiar e, acompañado do bo tempo, conseguiu encher o lugar sorprendendo aos clientes con máis dunha hora de maxia e entretemento.
A próxima cita é para o mércores 18 de maio. Ás 10:30 horas, un grupo de escolares de Educación Primaria do colexio Concepción Arenal realizará unha visita guiada polo mercado, participarán no concurso de debuxo ‘Bautiza unha vaca’ e serán obsequiados con leite galega e outros agasallos. A xornada estará adicada ás pescaderías, e haberá degustación de productos do mar e conxelados nos postos da praza.