ConcellosO BarcoÚltima hora

Precaución ao circular polo Camiño de Veigadecabo (O Barco)

 

Dende hai máis dun mes permanece aberta unha zanxa no Camiño de Veigadecabo (O Barco), algo que preocupa aos veciños xa que, malia estar sinalizada e permitir o paso por esa zona, hai que transitar polo lugar con precaución.

O burato realizábase por parte do Consorcio de Augas de Valdeorras para proceder a unha reparación, pero por unha complicación, tardouse en concluíla. Dende o Consorcio de Augas de Valdeorras informouse de que xa se está traballando niso e, en breve, prodecerase a pechar o burato.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button