PolíticaÚltima hora

Preguntas dos socialistas sobre a estrada de San Agostiño (Viana) no pleno da Deputación de Ourense

 

O PSdeG-PSOE  interesábase na Deputación de Ourense polas obras da estrada de Santo Agostiño, que se están levando a cabo na actualidade e sobre a que realizaron varias preguntas ao presidente do ente provincial, Manuel Baltar. Os socialistas valoran de forma positiva que o arranxo avance a bo ritmo e que segundo as palabras do presidente provincial as obras “estarán rematadas o vindeiro 24 de outubro”.

Dende o Grupo Municipal Socialista subliñan que “despois de anos pelexando polo arranxo dunha estrada que se atopaba nunhas condicións lamentables, por fin vaxa ser realidade o fin das obras e o acondicionamento desta estrada, tan necesaria polo alto volume de vehículos que circulan a diario pola mesma”. Ademais apuntan que “as preguntas realizadas de xeito oral no pleno da Deputación de Ourense, polo deputado provincial socialista, Aurentino Alonso, son unha continuación das diferentes iniciativas levadas a cabo polos socialistas nos últimos tempos, tales como a moción para crear unha comisión que negociase coas partes interesadas, a celebración dunha andaina reivindicativa e a presión feita para arranxar a estrada”.

O PSOE vianés agarda que a data comprometida polo presidente da Deputación de Ourense para o remate das obras “sexa unha realidade e a veciñanza de Viana poida ver cumprida dunha vez por todas, o arranxo desta estrada”. Así mesmo fai fincapé en que “gracias a labor do PSdeG-PSOE o arranxo da estrada de Santo Agostiño é hoxe unha realidade, despois de moito tempo loitando porque se cumprira esta demanda histórica e tras conseguir o compromiso de todas as partes implicadas”.

A Agrupación Socialista de Viana confía en que o anuncio público feito por Baltar no pleno da Deputación de Ourense “sexa realidade na data anunciada”, pero sinalan que “o estado no que se atopan as obras non nos invitan a un excesivo optimismo”. Segundo relatan “comezouse co asfaltado e están preto de rematar co arranxo de cunetas e sumidoiros, máis aínda quedan días para rematar con estes traballos”.

Artigos relacionados

Back to top button