CulturaCulturaTempo de EntroidosÚltima hora

Premios no remate do Entroido de Verín

Os premiados cos representantes municipais de Verín./ Foto: Concello de Verín.
Os premiados cos representantes municipais de Verín./ Foto: Concello de Verín.

Coincidindo co Domingo de Piñata, derradeiro día do Entroido 2016, tiña lugar en Verín o reparto das placas conmemorativas para premiar a participación de todas as comparsas e carrozas desta edición da festa.

O acto desenvolvíase durante un almorzo nun restaurante da vila e nel participaban o alcalde de Verín, Gerardo Seoane Fidalgo, o tenente de alcalde, Diego Lourenzo Moura, e as concelleiras de Cultura e Turismo, Emilia Somoza e Purificación Caldelas. Os galardóns eran o Premio Cigarrón de Honra que lle correspondía a Oscar Álvarez González, o Premio “Pescadilla” para Juan Álvarez Álvarez e o Premio Fidelidade para Benito Salgado Delgado.

O xurado dos premios estivo composto por Emilia Somoza, concelleira de Cultura,Víctor Manuel Baladrón Lamas, concelleiro da oposición, José Manuel Golzález Checa e Ramón Prieto.

Artigos relacionados

Back to top button