SanidadeÚltima hora

Preparativos para o cribado do sábado no pavillón barquense de Calabagueiros

Exterior do polideportivo do Barco./ Foto: A.R.

 

Tanto de mañá (con inicio ás 10h.) como de tarde (dende as 17h.), o pavillón polideportivo de Calabagueiros (O Barco) acollerá o sábado 17 de abril un cribado masivo de Covid-19 ao que estaba previsto convocar a uns 3.000 veciños (de entre 18 e 64 anos) do Barco e de Rubiá. A diferenza do cribado realizado o 4 de febreiro, no que o sistema elixido era o test de antíxenos (co que os resultados se coñecían uns dez minutos despois e as persoas agardan no pavillón), desta volta a mostraxe farase con proba PCR (resultados ao día seguinte).

Para que as probas se desenvolvan con seguridade, o Concello porá novamente en marcha un operativo con efectivos da Policía Local, Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras e Protección Civil do Barco para que todo transcorra de xeito adecuado e se manteñan as medidas de distancia persoal e seguridade sanitaria aconselladas.

Para conseguilo, os convocados entrarán ao pavillón pola porta da rúa Calabagueiros, e sairán, tras facer a proba, pola porta da Avda. de Galicia. As colas para a espera situaranse na rúa de entrada, coa adopción de todas as medidas de seguridade necesarias. No interior do pavillón instalaranse unhas 20 mesas.

Outra das singularidades deste cribado é o feito de que, por vez primeira, se abría unha autoinscrición voluntaria a través da web https://coronavirus.sergas.gal/cribado/Rexistro.aspx para as persoas interesadas en participar, cuxo peche se establecía ás 15h. deste venres.

Artigos relacionados

Back to top button