CulturaCulturaÚltima hora

Presentación de libros sobre Florencio e Manuel Luís Acuña en Trives polas Letras Galegas

Xesús Alonso Montero durante unha conferencia./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Para celebrar as Letras Galegas do 2022 Trives fai unha proposta moi especial: a presentación de dous libros sobre poetas do oriente ourensán. Será o 12 de maio ás 18h. na Casa da Cultura Julio Vázquez.

O primeiro dos libros será “Poeta na terra, na guerra e no exilio” (Galaxia, 2022) e o outro será o volume das Actas do V Congreso Manuel Luís Acuña. Neste acto, organizado polo Concello de Trives, están previstas as intervencións do académico da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, así como as da alcaldesa de Trives, Patricia Domínguez, ao do profesor de ensino secundario e coordiandor dos congresos Manuel Luís Acuña, Xoán Carlos Domínguez Alberte e a do historiador trivés, Francisco García.

Ademais Alonso Montero asinará despois o libro “Florencio Delgado Gurriarán. Poeta na terra, na guerra e no exilio”.

Outro dos actos para celebrar as Letras Galegas deste 2022 en Trives será unha exposición de libros da Biblioteca Manuel Luís Acuña.

 

Artigos relacionados

Back to top button