
En “José Barrio. El último guarda de la Mina de Valborraz” (Punto Rojo Libros, 2022) o xornalista e historiador valdeorrés Christian Barrio Fernández conta a historia do seu avó, que viviu durante 20 anos no poboado desa explotación de volframio de Casaio (Carballeda de Valdeorras), primeiro traballando nas súas galerías e despois como vixiante.
Viu que aí había unha historia que merecía rescatar do olvido e, a primeiros do 2021, comezaba a documentarse en fontes escritas (dende bibliografía a arquivos), pero tamén orais con entrevistas, principalmente ao seu avó, pero tamén a outras persoas da súa familia e aos gardas que estiveron con el na mina nese período. O resultado: “El último guarda de la Mina de Valborraz”, un libro que roza as 200 páxinas a cabalo entre o ensaio e a novela. “Diría que é a vida do meu avó novelada, con datos o máis precisos posibles”, matiza Christian Barrio.
Este libro, que acaba de saír do prelo, presentarse o vindeiro sábado 29 de outubro ás 19h. en Casaio, en concreto no establecemento Eco dos Teixos. Este acto enmárcase dentro das xornadas “Trevinca: unha viaxe á orixe”.