Galerías de fotosÚltima hora

A presentación na Gudiña dos efectivos da Garda Civil na loita contra os lumes, en imaxes

A estación de ferrocarril da Gudiña convertíase na mañá do 14 de xullo en escenario dun acto no que se presentaban os efectivos da Garda Civil despregados na provincia de Ourense para a loita contra os lumes forestais. Nel participaban diversas autoridades como o delegado do Goberno en Galicia, o xeneral xefe da 15 zona da Garda Civil, o vicepresidente da Xunta ou o subdelegado do Goberno en Ourense, entre outras.

Tamén seguían o acto numerosas persoas, entre elas os membros do GES da Gudiña, e un grupo de rapaces que observaban con especial atención medios como o helicóptero ou os cabalos destas unidades.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información:
https://osil.info/presentanse-os-efectivos-da-garda-civil-despregados-en-ourense-para-loita-contra-os-incendios/

Artigos relacionados

Back to top button