Eleccións municipais 2023PolíticaÚltima horaVídeos

Preséntase a candidatura socialista no Barco, que volve liderar Alfredo García

O lema da súa campaña será "O Barco, o primeiro", tal e como anunciaba no acto

 

O PSdG-PSOE vén de presentar a súa candidatura ás eleccións municipais do 28 de maio no Barco de Valdeorras. Alfredo García Rodríguez encabeza unha lista na que “hai continuismo, pero tamén caras novas. Hai suficiente savia nova para ter claro que este grupo de goberno ten futuro e así espero que sexa”, dicía.

Dos 10 primeiros nomes da lista, cambian dous: Alba Rodríguez, a número 8, e María del Carmen Núñez Cabado, a número 10. Deses postos de saída desaparecen os actuais concelleiros Eladio Santos (no posto 20 da candidatura) e Cristina Domínguez (no 19).

 

 

O candidato a alcaldía aseguraba que se trata dunha “candidatura de xente traballadora, comprometida con O Barco e con ideas, que vén a traballar polos seus veciños. Temos imaxinación, tesón, ideas e ganas de seguir transformando O Barco como vimos facendo dende 1999”.

 

 

García anunciaba tamén que o lema escollido para esta campaña, electoral, é “O Barco, o primeiro”, reflexa “fielmente o sentir de todos os que concorremos nesta lista. Para nós, o primeiro é o municipio do Barco e conseguir o mellor para toda a veciñanza”.

Alfredo García expresou o seu convencemento de que a veciñanza do Barco “saberá valorar o traballo realizado ao fronte do Concello, e co que temos conseguido modernizar O Barco e conseguir para o municipio servizos propios de cidades moito maiores”. Así mesmo, animaba á veciñanza a votar o vindeiro 28 de maio.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

CANDIDATURA DO PSDEG-PSOE AO CONCELLO DO BARCO

1.ALFREDO GARCÍA RODRÍGUEZ
2. MARGARIDA PIZCUETA BARREIRO
3.AURENTINO ALONSO ARAUJO
4.DIANA URDANGARAY DÍAZ
5. ORLANDO SAAVEDRA CANTILLANA
6. ALICIA ALVAREZ FERNÁNDEZ
7. MIGUEL NEIRA OJEA
8. ALBA RODRÍGUEZ SANMARTIN
9. JESÚS JARES ALMEIDA
10. MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ CABADO
11. JAVIER RODRÍGUEZ TATO
12. ANA ROSA PARADELO CARRACEDO
13. JAIME NEIRA RODRÍGUEZ
14. ANDREA GARRIDO RODRÍGUEZ
15. FÉLIZ VIDAL GARCÍA
16.MIRTA ELISA LOSADA ACOSTA
17.MANUEL FERNÁNDEZ MÉNDEZ
18.MARI CARMEN MARTÍNEZ UBERUAGA
19. CRISTINA DOMÍNGUEZ RODRÍGUEZ
20.- ELADIO SANTOS MARTÍNEZ

 

 

Artigos relacionados

Back to top button