DeportesÚltima hora

Preséntase a nova directiva do Club Voleibol Ribeira Sacra

A nova directiva do Club Voleibol Ribeira Sacra.

 

Avecíñanse novos tempos para o Club Voleibol Ribeira Sacra. A nova tempada deportiva comezará o vindeiro 1 de outubro coas Copas Federación e as fases de Promoción, e faráo cunha nova directiva á fronte.

Trala solicitude da anterior dun remprazo, na xornada do xoves 22 de setembro presentábase oficialmente o novo grupo que se porá á fronte do club monfortino. Encabezada por Pilar Sánchez como presidenta, a directiva está formada por 12 persoas. Maite Gonda como secretaria, Yoraxi Melean como tesoureira, Manolo Martínez como coordinador Deportivo e relación cos Medios de Comunicación e os demais como vogais e responsables de distintas áreas, que afrontan con ilusión unha campaña chea de novidades.

A primeira afecta á composición e número de equipos, cun total de doce: Xuvenil A, Xuvenil B, Cadete A, Cadete B, Infantil, Alevín A, Alevín B, Benxamín así como cos equipos asociados do Concello de Quiroga Cadete, Infantil, Alevín e Benxamín cos que ano tras ano veñen mantendo unha estreita e fructífera colaboración a través da Concellaría de Deportes, encabezada por Andrés Novoa.

 

A presidenta do CV Ribera Sacra, Pilar Sánchez.

 

Asemade, nesta nova etapa que comezan van traballar en catro centros educativos de Monforte de Lemos onde se impartirá o voleibol e se formarán equipos para participar tamén no Deporte Escolar.

No apartado de adestradores continuará con 8 que se farán cargo de todos os equipos que entrarán en competición.

Dende a nova directiva destacan o esforzo realizado polo anterior equipo presidido ata agora Yolanda Maciñeiras, “converténdose nunha traballadora incansable a prol do club e que seguirá colaborando co mesmo ata que sexa necesario para poñer a tempada en completo funcionamento”, conclúen.

 

Artigos relacionados

Back to top button