EconomíaEconomíaÚltima hora

Preséntase en Fitur o Plan de Sostibilidade Turística en Valdeorras que potenciará o enoturismo

"Valdeorras, Ruta do viño milenaria” que aglutina aos 9 municipios da comarca, foi aprobado na Conferencia Sectorial de Turismo do 14 de decembro, financiado por fondos estatais

 

Na xornada deste mércores 18 de xaneiro presentábase na 43ª edición da Feira Internacional de Turismo, FITUR, en Madrid, o Plan de Sustentabilidade Turística en Valdeorras que potenciará o enoturismo e o patrimonio natural e cultural da zona.

O Plan “Valdeorras, roteiro do viño milenaria” supoñerá un investimento de 1,5 millóns de euros co que se pretende “mellorar a xestión de uso público de diferentes puntos de interese que permitirán un aproveitamento turístico sostible e a posta en valor do patrimonio natural e cultural da comarca”. Foi promovido polos concellos da comarca a través de su GDR7 Valdeorras, presidido por la alcaldesa de Carballeda de Valdeorras, Mari Carmen González e permitirá intervir, entre outros puntos, nas Covas de Valdeorras, o desenvolvemento de produto asociados ao Destino Starlight Trevinca e impulsar a mobilidade peonil entre municipios da comarca. No marco do mesmo, prevese levar a cabo 17 actuacións enmarcadas en catro eixos (transición verde e sostible, mellora da eficiencia enerxética, transición dixital e competitividade) que serán executadas no período 2023-2025.

 

Autoridades na presentación do Plan de Sostibilidade Turística en Valdeorras.

 

A presentación dos obxectivos do Plan en Fitur 2023 correu a cargo da xerente do Inorde, Emma González e da directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro. Na súa intervención, a xerente do Inorde lembrou que os obxectivos que persegue este Plan encaixan á perfección coa visión integral que ten a administración provincial de “un impulso turístico baseado na sustentabilidade e no respecto pola autenticidade do noso, tal e como se reflicte na nosa marca turística “Ourense Xenuína”. O ámbito territorial do xeodestino Trevinca-Valdeorras coincide co do GDR7, sendo integrados polos municipios da Veiga, Larouco, O Barco de Valdeorras, O Bolo, Petín, Rubiá, Vilamartín de Valdeorras, A Rúa e Carballeda de Valdeorras.

Ao acto asistían entre outros os alcaldes do Barco e Larouco, Alfredo García e Patricia Lamela; o presidente da Asociación Ruta do Viño de Valdeorras, Joaquín Sánchez; e o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén. A presentación finalizou coa proxección do vídeo do xeodestino “Terras que Saben”, a mensaxe publicitaria que lidera a promoción desta zona oriental da provincia de Ourense e que se estreou, precisamente, o ano pasado en Fitur. O vídeo, co que se pretende “gañar notoriedade deste territorio singular”, sintetiza os principais recursos patrimoniais, naturais, enogastronómicos e experienciales que ofrecen os nove municipios que integran o xeodestino.

Artigos relacionados

Back to top button