SanidadeÚltima horaVídeos

Preséntase no Barco o libro ‘Contra el diagnóstico: desmontando la enfermedad mental’

O acto, organizado por AFEM Morea en colaboración co Concello do Barco e promovido por Ágora

 

Co principal obxectivo de “dar voz aos protagonistas de trastornos mentais que non sempre teñen a oportunidade de poder dar o seu testemuño”, presentábase no Barco de Valdeorras o libro ‘Contra el diagnóstico: desmontando la enfermedad mental’ (Ed. Rosamerón), de Marcos Obregón.

O acto, celebrado na tarde deste venres 24 de febreiro no salón de actos do Edificio Multiusos, estivo organizado por AFEM Morea en colaboración co Concello do Barco e promove Ágora, entidade que deseñou o evento, pensado para presentar o libro, un ensaio “persoal e valente” no que o autor relata as súas emocións e reflexións, pero tamén para iniciar un debate cos asistentes sobre saúde mental, contando coa presenza entre outros de Alfonso Díaz, director de AFEM Morea e Teresa Blanco, activista cultural de Ágora para quen “é necesario poñer o foco na saúde mental xa que esta é fundamental para o correcto funcionamento e benestar da sociedade”, denunciando “o estigma que padecen as persoas que sofren dalgún problema de saúde mental e en particular, as que teñen algún diagnóstico psiquiátrico, como o trastorno bipolar”.

 

 

Na súa intervención e tras agradecer o traballo da xente que fixo posible o evento, Marcos Obregón asegurou que “a saúde mental empeza polo que fixeches e polo que estás facendo”, destacando frases do libro que foron importantes para a xente que o ten lido. “Saúde mental é coller as rendas, facer algo como no meu caso escribir un libro. Recuperar o curso da túa vida”, dixo, Obregón, puntualizando “o diagnóstico como forma de asumir un discurso que non é o teu”. Visiblemente emocionado, recoñeceu que o que él fixo escribindo o libro ou Teresa fixo hoxe, promovendo e tomando parte activa do acto, “é dicir como queremos vivir”.

Entre os asistentes ao acto había diverso persoal sanitario, o concelleiro de Asuntos Sociais e Sanidade do Barco, Orlando Saavedra, e o alcalde de Manzaneda, Amable Fernández.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button