EconomíaEconomíaÚltima hora

Preséntase o ciclo “Augardente de Galicia, os 5 elementos”, que combina catas con pezas musicais

A iniciativa levarase a cabo entre o 17 de xullo e o 20 de agosto en diferentes vilas como Leiro

Presentáse o ciclo “Augardente de Galicia, os 5 elementos”, promovido polo Consello Regulador das Indicacións Xeográficas das Augardentes e Licores Tradicionais para poñer de relevo a calidade destes destilados combinando catas con pezas musicais.

 

Durante a presentación.

 

Levarase a cabo entre o 17 de xullo e o 20 de agosto nas cidades da Coruña e Santiago, na localidade ourensá de Leiro, na pontevedresa do Grove, e na lucense de Chantada. Así, cada unha das sesións tomará como fío condutor un dos cinco elementos e levaranse a cabo catas comentadas complementadas con composicións musicais inspiradas nestes destilados.

 

 

O vicepresidente do Consello Regulador, Miguel Oliveira destacou que “con este ciclo queremos achegar ao público os Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia desde unha perspectiva diferente. Así, ofreceremos un total de 5 catas temáticas que levarán durante este mes de xullo e o de agosto ás catro provincias galegas.Todas as catas serán gratuítas, e poderase facer unha inscrición previa a través do e-mail orujo@orujodegalicia.org ou enviando unha mensaxe a calquera dos perfís que o Consello Regulador ten en redes sociais”.

Artigos relacionados

Back to top button