CulturaCulturaÚltima hora

Preséntase un libro sobre a arqueoloxía da moenda no Museo Etnolóxico de Ribadavia

Trátase da obra de Lois Ladra "Arqueologia da indústria moageira em Castelo Branco. Moinhos hidráulicos no rio Ocreza". O acto terá lugar mañá ás 20:30h.

 

O estudoso do patrimonio cultural galaico-portugués Lois Ladra presentará o vindeiro venres 20 de setembro ás 20:30 h no Museo Etnolóxico de Ribadavia o seu libro “Arqueologia da indústria moageira em Castelo Branco. Moinhos hidráulicos no rio Ocreza” (Lema d’Origem).

Neste volume este arqueológo e antropólogo coruñés reúne os resultados do proxecto de estudo e catalogación de case que media centena de muiños de auga implantados nas ribeiras do rio Ocreza, afluente do grande Texo, ao seu paso polo concello de Castelo Branco (Portugal). A construción dun encoro hidroeléctrico prevía o asulagamento destes enxeños tradicionais, que foron sometidos a un estudo de impacto ambiental orientado desde a perspectiva da Arqueoloxía da Industria.

Lois Ladra centra especialmente o seu labor nas temáticas relacionadas coa Protohistoria e a Tecnoloxía tradicional. É autor de media ducia de libros e de varias decenas de artigos en revistas especializadas e de divulgación. Foi galardoado cos premios de investigación “Vicente Risco”, “Ferro Couselo”, “Cátedra”, “Raigame” e “Fermín Bouza-Brey”. Este investigador desenvolve a súa actividade profesional como traballador autónomo en diversos proxectos a nivel nacional e internacional.

Artigos relacionados

Back to top button