Volven as visitas guiadas, de venres a domingo e festivos nacionais, a tres dos referentes turísticos e culturais do Concello do Bolo: o Santuario das Ermidas (de 10 a 12 horas), o Castelo (de 12:30 a 14:30 horas) e o Museo Yosso (sábados de 12:30 a 13:30 horas só con reserva).
As visitas guiadas correrán a cargo de guias oficiais e poden reservarse no teléfono 606 017 105.