DeportesKárateÚltima hora

Presenza valdeorresa na Liga Nacional de Karate en Camargo, Cantabria

 

Os xoves karatekas valdeorreses non paran. Unha semana despois da boa actuación no Campionato galego absoluto e de clubs celebrado en Chantada (Lugo), esta fin de semana varios cativos do KC River Stone do Barco participaban na xornada da Liga Nacional de Karate celebrada en Camargo, Cantabria.

Na categoría alevín masculino participaban Manuel Blanco Blanco, Raúl Pérez Panizo e Eric Rodríguez Carballo; en infantil masculino, Nazan Barreda Fernández; en xuvenil masculino, Héctor Amaro Rodríguez, Diego Prada Rodríguez e Brian Rodríguez Carballo; en xuvenil feminino, Cloe Yáñez González e Aina Moral Castro; e en benxamín femininio, Leyre Paradelo Ambrinos e Laia Yáñez González.

 

 

Nesta ocasión non houbo podios e só Nazan Barreda lograba pasar á segunda volta pero o feito de participar nesta competición nacional de alto nival xa os converte en campións.

A próxima cita, a segunda xornada da Liga Nacional pero para as categorías cadete, sénior e para-Karate, será os días 18 e 19 de febreiro en Pontevedra e contará coa participación de Enzo Prieto do River Stone.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button