DeportesÚltima hora

Presenza valdeorresa na Copa de España de Descenso disputada no Bike Park Manzaneda

Juan Fernández (DH Galicia) era oitavo na categoría júnior

Juan Fernández en Manzaneda. /Foto: Federación Galega de Ciclismo.

 

A Copa de España de Descenso celebraba o domingo 23 de xullo o V Trofeo Federación DHI – Manzaneda Bike Park, para poñer o punto e final a esta edición 2023 do circuíto estatal.

Organizada pola Federación Ciclismo Galego (FCG) xunto coa Estación de Montaña de Manzaneda, desenvolvíase na Serra de Queixa, no Bike Park da estación, contando con participación valdeorresa.

O rider barquense Juan Fernández, competía na categoría júnior co equipo DH Galicia de Sarria e malia sufrir unha avería na transmisión da bicicleta lograba un meritorio oitavo posto.

A seguinte cita co descenso será a vindeira fin de semana no DH Urbano Vila de Sarria, un dos mellores da península, que organiza o club DH Galicia.

 

Juan en pleno salto./ Foto: Federación Galega de Ciclismo.

 

Artigos relacionados

Back to top button