DeportesÚltima hora

Preto de 200 ciclistas participarán este domingo na etapa final da Transgalaica, na Estación de Montaña Manzaneda

 

A Estación de Montaña de Manzaneda acollerá este domingo 30 de abril, a gran final do circuíto da Transgalaica, cunha participación de preto de 200 corredores.

Na categoría masculina acode como gañador xa matemático Diego Álvarez. A única dúbida é saber se logrará o pleno de vitorias nunha tempada, algo que ninguén conseguiu nos 17 anos de historia do certame galego. Son aspirantes tamén á vitoria o seu compañeiro de equipo Brandán Márquez e dous dos corredores que chegan máis en forma a esta última cita, García Castaño e Esteban Sánchez.

En categoría feminina a posible ausencia da líder Susana Alonso deixa moi aberta a vitoria na xeral absoluta con varias aspirantes. Patricia Bacelo e Raquel Román son as que lideran o abanico de aspirantes.

Por equipos, VBikes teñen unha amplísima marxe sobre o resto e só necesitan que 3 dos seus corredores finalicen a proba para alzarse co triunfo final.

A nova Transgalaica do Futuro, que engloba ás categorías de formación, chega a Manzaneda con Noe Pérez apertando ao líder, Manuel Pereira, ao que con finalizar en segunda posición válelle para culminar unha espectacular tempada.

 

Artigos relacionados

Back to top button