Chegou o día. Tal e como estaba previsto, ás dúas da tarde deste venres 6 de decembro abrian as portas da carpa instalada na praza do Concello de Rubiá para dar inicio á Festa da Matanza que nesta primeira edición reúne a preto de 300 persoas.
A festa xira en torno a un xantar, cun menú formado por cocido completo de matanza (primeiro sopa e despois a carne coa verdura e as patacas), viño, sobremesa e licores, elaborado e servido por Mantesil.
Entre os asistentes sortearanse tres lotes de produtos típicos da matanza.
Rubiá súmase as citas gastronómicas de inverno en Valdeorras e abre así unha intensa ponte de decembro. Mañá pola tarde abrirá o “Mercadillo de Nadal” na praza na mesma praza, así como a exposición de “beléns e misterios”. Tamén haberá outras actividades complementarias, dirixida aos cativos.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.