DeportesÚltima hora

Preto de 40 rapazas asisten á primeira quenda do II Campus Multideportivo Feminino, en Vilamartín

A segunda quenda será do 23 ao 29 de xullo e contará cunha vintena de mozas

 

Tres da comarca, unha de Lugo, dúas de Carballo e o resto da Coruña e arredores. Un total de 38 rapazas de entre os 6 e os 20 anos participaban entre o martes 18 e este domingo 23 de xullo, na primeira quenda do II Campus Multideportivo Feminino, en Vilamartín de Valdeorras.

 

Recepción da primeira quenda do campus, no Bañadoiro.

 

Moito máis que un campus ao uso, este ano lanzaron un enfoque máis multidisciplinario, incluíndo no programa diferentes modalidades deportivas (vóley, beisbol, pádel, tenis, fútbol, baloncesto, tenis de mesa, bádminton, zumba, tiro con arco e floorball; ademais dun sinfín de actividades: carreira de obstáculos; kaiak; piscina e actividades acuáticas; xogos de mesa e torneos deportivos; Túnel do Terror, Escape Room e Paintball; talleres de traballo, nutrición e psicoloxía deportiva; xogos e actividades de ocio e tempo libre; excursións; sendeirismo e carreiras de orientación; veladas nocturnas; Masterchef,… Ademais unha das excursións máis chamativas foi a de Madrid, visitando a Warner e un estadio de fútbol.

 

Visitando a Warner, en Madrid.

 

Promovido e coordinado por Isabel Vázquez, (xogadora de fútbol sala e fútbol, graduada en INEF cos niveis I, II e III de adestradora) e cun equipo de adestradoras tituladas e monitores de ocio e tempo libre, o campus mantén o esquema da primeria edición aumentando o programa a dúas quendas mantendo o aloxamento no Albergue Municipal. A segunda do 23 ao 29 de xullo contará con 18 rapazas das cales “repiten 6”, adianta Isabel.

 

As monitoras do campus multideportivo feminino.

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button