EconomíaEconomíaÚltima hora

Preto de 8.200 persoas de Ourense xa descargaron o Bono Activa Comercio

A Xunta concedeu o pasado ano axudas de preto de 163.000 euros a asociacións e federacións de comerciantes, centros comerciais abertos, prazas de abastos e empresas do concello ourensán para dinamizar o sector

 

Na mañá deste mércores 1 de setembro, o director xeral de Comercio e Consumo da Xunta Manuel Heredia, acompañado polo delegado territorial Gabriel Alén, mantiña unha reunión coa Federación de Comercio de Ourense e o CCA Ourense Centro para analizar as necesidades actuais do sector na cidade e valorar o impulso das iniciativas levadas a cabo polo Goberno galego para axudar na recuperación económica do comercio na zona. Así, Heredia referiuse ao Bono Activa Comercio, como “un proxecto de dinamización das vendas de proximidade que conseguiu xa máis dun millón de euros de mobilizado no concello e 2,4 millóns de euros no total da provincia”.

Na súa visita á cidade, o director de Comercio e Consumo achegouse á libraría La Viuda, un dos 357 establecementos adheridos a esta campaña no concello de Ourense, onde xa son 8.196 as persoas que descargaron o bono de desconto por valor de 30 euros. “A día de hoxe, máis de 190.800 galegos contan con este vale, dos que máis de 25.300 usuarios son da provincia de Ourense”, explicou Heredia. Os clientes que aínda non conten co seu bono poden rexistrarse na web bonosactivacomercio.gal e descargalo ata o vindeiro 31 de outubro.

A Xunta de Galicia destinou o pasado ano preto de 163.000 euros a distintas axudas destinadas a asociacións e federacións de comerciantes, centros comerciais abertos, prazas de abastos e empresas do concello de Ourense para levar a cabo programas de dinamización das vendas, dixitalización, modernización e comercio en liña, así como iniciativas de ecoinnovación.

Artigos relacionados

Back to top button