ConcellosEn Portada EntroidoGalerías de fotosÚltima hora

Preto de 900 persoas desfilan polo centro do Barco o Martes de Entroido

En total, este ano participaron no desfile 28 comparsas, 3 folións e dúas charangas

 

Esta foi sen dúbida unha das edicións máis numerosas do desfile de Entroido no Barco de Valdeorras, con preto de 900 persoas de 27 comparsas, 4 folións e 2 charangas que na tarde do 25 de febreiro percorrían a travesía central da vila rumbo á praza Maior.

O desfile comezaba pasadas as cinco e media da tarde diante do hospital encabezado polo Folión de Buxán. Outro folión, Os Viticulotores de Vilamartín eran os encargados de pechar a comitiva e entre medias, Os Arrieiros e o Folión de Petín ademais das charangas Os Caliqueños e Os Imparables, que poñían son e ritmo ás comparsas chegadas dende diferentes puntos da comarca (do Barco, da Rúa, de Rubiá, de Vilamartín) e mesmo de San Clodio e Quiroga, grupos de asociacións culturais, de amas de casa e centros educativos.

 

 

Con respecto aos disfraces, coma sempre foron do máis variopinto. Dende un barco de piratas e outro do amor, ata Monigotes, pasando polas Raíñas do Entroido, personaxes de banda deseñada, cociñeiros, flores, comecocos, película animadas e un longo etcétera.

O Entroido no Barco rematará mañá Mércores de Cinza co “enterro da sarbiña” a partir das 20:30h. na praza Maior.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button