DeportesÚltima hora

Preto de vinte podios para o Fluvial Barco na II Regata da Copa Deputación

Jesús Rodríguez León e Sergio Ruiz dominaban a clasificación en sénior nesta proba que se desenvolvía o 15 de xullo no encoro de Albarello-Avión
Membros do Club Fluvial Barco no encoro de San Martiño, na Rúa./ Foto: Carlos G. Hervella.

Destacada actuación do Fluvial Barco na segunda xornada da Copa Deputación de Ourense de piragüismo. Os padexeiros do club sumaban preto de vinte podios nunha competición que se celebraba o 15 de xullo nas augas do encoro de Albarellos-Avión.

Sobresaía a vitoria en K-1 sénior 4.000 m de Jesús Rodríguez León, que entraba en meta seguido de Sergio Ruiz, mentres que nesta mesma categoría Rubén Ondoño facíase coa cuarta posición. En K-1 sénior feminino Marta Paradelo quedaba terceira.

Tamén eran numerosos os podios nas categorías base. Así en infantil A K-1 2.000, Juan José Rodríguez impoñíase, mentres que Daniel Rodríguez era segundo. Nesta mesma categoría feminina o Fluvial Barco dominaba o podio: Sabela Rodríguez ganaba, Marta López situábase segunda e Xiana Fernández terceira. En cadete 4.000, Joel Rodríguez proclamábas subcampión na regata.

En infantil B K-1 2.000 vencía Nicolás Díaz e Iker García era segundo, ademais en alevín B K-1 1.000 Miguel Real entraba segundo e Carlos Suárez terceiro, sendo Lidia Fernández a ganadora e Candela Fernández a terceira nesta mesma competición feminina. En alevín A K-1 1.000 facíase co título Paula Rodríguez e en benxamín K-1 1000 Carlota Díaz. Finalmente en veteranos K-1 4.000 o triunfo era para José Antonio Girón, sendo terceiro Roberto González.

Na clasificación por clubs, o Fluvial Barco acadaba a segunda posición nunha táboa liderada polo Fluvial Allariz.

Artigos relacionados

Back to top button