CulturaCulturaÚltima hora

Primeira entrega do programa “Cultura por alimentos” no Barco

A Concellería de Cultura do Concello do Barco poñía en marcha o ano pasado un proxecto denominado “Cultura por alimentos”, dentro do cal se organizan funcións de teatro dirixidas aos estudantes dos centros de ensino do Barco, polas que os asistentes non pagan entrada, senón que se pide que acheguen alimentos non perecedoiros.

Este proxecto ten continuidade neste curso, con teatro para alumnos dos centros de Primaria e de Secundaria. O 18 de marzo acudían ao Teatro Lauro Olmo alumnos dos centros de Primaria, e esta mañá entregáronse os alimentos recollidos nesta primeira función ao párroco do Barco, Jesús Álvarez, como responsable de Cáritas e do seu banco de alimentos.

Para o mes de abril programarase unha obra de teatro para alumnos de secundaria, aos que tamén se lles pedirá colaboración con alimentos, que tamén se entregarán ao Banco de Alimentos.

Artigos relacionados

Back to top button