OurenseÚltima hora

A primeira oficina xudicial de Galicia instalarase en Ourense nunha experiencia piloto

Nos estudios preeliminares terase en conta a opinión da Audiencia Provincial, xuíz decano, secretaria coordinadora, letrado do servizo común de actos de comunicación e letrado do decano. 

A Dirección Xeral de Xustiza vén de decidir que a primeira Oficina Xudicial de Galicia comece a funcionar como unha experiencia piloto en Ourense. Suporá unha reorganización integral centrada na optimización de procesos, recursos persoais e materiais que, xunto coa incorporación das novas tecnoloxías, “dará un impulso importante no obxectivo de modernizar a Administración de Xustiza na nosa comunidade”, apuntan dende a Dirección Xeral.

A semana que vén a empresa encargada de executar o proxecto, Everis, comezará os estudos preliminares para valorar o deseño do modelo organizativo da nova Oficina Xudicial. Primeiro realizarase un análise e diagnóstico da situación actual, centrándose no volume de actividade, distribución de cargas de traballo , adecuación de recursos humanos, dotación de infraestruturas, sistemas e equipamento. De seguido, definirase e seleccionarase o modelo organizativo para la sede xudicial de Ourense, a partir da proposta e avaliación de diferentes alternativas; para finalmente, realizar unha proxección económica estimada do modelo elixido.

Para desenvolver estes estudos preliminares terase en conta a opinión do presidente da Audiencia Provincial, xuíz decano, secretaria coordinadora, letrado do servizo común de actos de comunicación e letrado do decanato.

Na estrutura da nova oficina xudicial, os recursos materiais e humanos, así como as novas funcións dos actuais xulgados e tribunais, reorganízanse en torno a dous tipos de unidades: as unidades procesuais de apoio directo e os servizos comúns procesuais

Este novo modelo xudicial créase co obxectivo final de lograr una organización que facilite unha actuación da xustiza máis áxil, eficaz, transparente e próxima á cidadanía.

Artigos relacionados

Back to top button